France Deutschland 中国 日本 United States Italia Česká republika España Traductions

Galicia

Biografía

Jean-Philippe Toussaint é un escritor e cineasta belga de lingua francesa nado o 29 de novembro de 1957 en Bruxelas. É autor de oito novelas, todas publicadas na prestixiosa editorial francesa Les Éditions de Minuit, que apresentan un estilo minimalista e nas que os personaxes e as cousas non teñen máis significado que o aparente. Obtivo o Prix Victor Rossel en 1997, o Prix Médicis en 2005 e o Prix Décembre en 2009 pola súa última novela, A verdade sobre Marie, que vén de publicar a editorial Galaxia. Estas súas novelas foron traducidas para máis de vinte idiomas, entre eles o galego, o español e o catalán. Alén de escritor, Jean-Philippe Toussaint é director, guionista e fotógrafo.

Noticias

(08/03/12) Inauguración da exposición de Jean-Philippe Toussaint no Museo do Louvre titulada "Livre/Louvre" (noticia no sitio da Editorial Galaxia).
(05/03/12) Jean-Philippe Toussaint vén de publicar tres novos libros en francés: L'Urgence et la Patience (antoloxía de escritos sobre a literatura), La Main et le Regard (catálogo da súa exposición no Museo do Louvre) et Échecs (edición crítica dixital da súa primeira novela inédita).

Libros en galego

A VERDADE SOBRE MARIE

Tradución de Carmen Torres París e Mª Dolores Torres París. Vigo: Galaxia, 2011.
Os personaxes, xa coñecidos do lector galego por 'Fuxir', despregan unha enerxía inesgotable. En 'A verdade sobre Marie', Jean-Philippe Toussaint prolonga ou retoma a historia que une e separa, aproxima e afasta, a imprevisible e sedutora Marie a un engaiolado narrador. Sempre a viaxaren, sempre en movemento, sempre en perigo, aprenderon a vivir e a amar sen se preocupar das dimensións do mundo nin do tempo. Cunha fatalidade insaciable que, así e todo, endexamais chega a consumir a historia, esta novela non se parece a nada coñecido: o humor a carón da angustia permanente da morte (Fonte: Editorial Galaxia).
Entrevista: "Teño a impresión de estar sempre a fuxir". Entrevista de Hugo Martínez para Grial, nº190, xullo 2011.
Bruxelas, 25 de marzo de 2011. Conversa con Hugo Martínez para Grial (fotografías: Erea F. Folgueiras).
Dossier de prensa
----

FUXIR

Tradución de Carmen Torres París e Mª Dolores Torres París. Vigo: Galaxia, 2007.
Os lugares: Shanghai e a illa de Elba, a China contemporánea, próxima e urbana, e a Europa esquecida, sorprendentemente afastada e primitiva. Os sentimentos: a estrañeza do amor e a familiaridade da morte. O tempo: a velocidade ea simultaneidade. Fuxir, a novela coa que Jean-Philippe Toussaint (Bruxelas, 1957) acadou o Premio Médicis no ano 2005, hipnotiza cunha prosa atenta aos detalles, subxugadora e que se le con verdadeiro pracer. Unha obra narrativa que logra reflectir o movemento, que capta as emocións. E o que se pregunta: ¿por que non nos detemos xamais? (Fonte: Editorial Galaxia).
Artigos de prensa
Entrevistas
Textos de Xavier Queipo
"Fuxir", en Felices e diferentes, Laiovento, 2009.
"Unha visita de Toussaint a Compostela", en Felices e diferentes, Laiovento, 2009.